martes, 12 de noviembre de 2019

VISITA Á "CASA DO PATRÓN"



Neste curso 2019-20  o derradeiro 28 de outubro, volvemos con novos azos e o alumnado recén incorporado, a Lalín . Foi unha xornada de volta  á nosa etnografía, volvemos ao rural, fixemos o obradoiro do pan, e...que bo estaba!!!

Esta  xornada está plantexada para que se coñeza máis e mellor a nosa historia, o rural, os castros, en definitiva valorar e disfrutar da nosa etnografía.

Asemade plantéxase como unha xornada de convivencia a primeiros de curso nesta etapa de secundaria. Aquí están implicados os departamentos de Lingua Galega e Literatura e  Orientación .

Por suposto para confraternizar e interactuar mellor ... NON HOUBO TLFOS MÓBILES.

Cantamos, rimos, charlamos....Fenomenal!!!!!!


















miércoles, 11 de septiembre de 2019

VIAXE ROMA-NÁPOLES

Aí deixamos unha breve reportaxe fotográfica da VIAXE A ROMA E NÁPOLES no presente curso.




.































lunes, 1 de julio de 2019

VIAXE DE CONVIVENCIA Á ILLA DE ONS DO ALUMNADO DE 2º ESO


Por primeira vez, no noso instituto levouse a cabo unha actividade de CONVIVENCIA que se xestou  logo da  experiencia cun grupo de familias voluntarias participantes no Proxecto DIETA DIXITAL ao longo do bienio 17-19.

Como nos pareceu que malia a ser un grupo determinado, os/as outros/as  alumnos/as víronse dalgún xeito implicados e, finalmente a inmensa maioría do alumnado de 2º ESO foi á Illa de Ons.

A condición imprescindible era NINGÚN TELÉFONO  MÓBIL NIN CALQUERA OUTRO DISPOSITIVO ELECTRÓNICO.

Cremos que foi unha boísima experiencia a xulgar polos comentarios do alumnado e, para nós como profesoras, foi moi satisfactoria.

Vós pediades repetila.... Falaremos .

Foi un pracer acompañarvos!!! Con alumnos/as así de dispostos, comprometidos, colaboradores e responsables  dá gusto!!!!

Aí vos deixamos o enlace para que vexades cales imaxes vos gustan  e cadaquén que leve a que máis lle guste.

BO VERÁN A TODOS/AS

Preme neste enlace para ver a reportaxe fotográfica-

https://drive.google.com/open?id=1-DK2S9VYTF8AYjla-ayz-bbq-GOAmOww




lunes, 1 de abril de 2019



VIAXE DE ESTUDOS A ROMA E NÁPOLES DO IES XOÁN MONTES  2019


Aquí vos deixamos a GUÍA PARA ESTA VIAXE que, un ano máis nos facilita o profesor de Debuxo Senén Olano. É moi importante que a olledes con  interese.





martes, 18 de diciembre de 2018

ALUMNADO DE 2º ESO EN SOTAVENTO




O día 21 de novembro o alumnado de 2º ESO realizou unha visita didáctica ao Parque Eólico Experimental de Sotavento.

 Aí vos queda unha reportaxe desa xornada.








lunes, 17 de diciembre de 2018

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA




 O día 14 de novembro de 2018 e organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura,  levouse a cabo a actividade pensada para 2º ESO que consiste en visitar a TVG, Cubertas da Catedral e Museo do Pobo Galego.

Foi unha xornada ben aproveitada da que vos deixo unhas imaxes.