lunes, 16 de abril de 2018

VIAXE DE ESTUDOS A BERLÍN

No presente curso alumnado de 4º ESO e de 1ºBAC viaxan a Berlín acompañados por cinco profesoras.


Para que vaiades preparando a viaxe deixamos a guía da Viaxe a Berlín2018, feita especialmente para todos polo profesor de Debuxo Técnico. É moi necesario que a incorporedes nalgún dos formatos que prefirades para consultala antes e durante a viaxe.

Tamén tedes a distribución de todas e cada unha das xornadas desta viaxe.

domingo, 15 de abril de 2018

VIAXE A ROMA




Do 7 ao 11 de febreiro o alumnado de HISTORIA DA ARTE e GREGO  de 1º e 2º de BAC visitaron Roma.
 
Acompañáronos as profesoras Meri García e Anxos Vidal.

Aí vai unha pequena reportaxe fotográfica.










lunes, 26 de febrero de 2018

VISITA A SOGAMA

Organizado polos departamentos de BIOLOXÍA e XEOLOÍA e FÍSICA e QUÍMICA, o pasado 20/2/18 os/as alumnos/as de 1º BAC e de 2º BAC  visitaron SOGAMA.

Aí queda a reportaxe gráfica.






lunes, 19 de febrero de 2018

CAMPIÓNS NA IX OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA 2018

Un ano máis  os/as alumnos/as que nos representaron na IX OLIMPÍADA 

DE XEOLOXÍA conseguiron o primeiro premio, o segundo e o terceiro  en 

individuais.


                                             1º premio PABLO GALLEGO ARIAS 4º ESO


2º premio JORGE RÁBADE ALONSO 4º ESO


3º premio JACOBO FARIÑAS VARELA 4º ESO

 O primeiro e o segundo irán á fase nacional que se celebrará en Segovia 



Asemade  ganaron o premio ao MELLOR GRUPO (Cristian Gallego Anello, Raúl García Pacios, Tomás Iglesias García e Pablo Gallego Arias)




 Aquí están todos/as os/as participantes xunto coa súa profesora de Xeoloxía Carmen Tizón.

Moitos PARABÉNS aos/ás nosas representantes!!




A SEXUALIDADE NA ADOLESCENCIA


O pasado mércores 24/1/18 e, dirixido ao alumnado de 4º ESO tivo lugar na 
Biblioteca do centro en horario de 12:00 A 13:40, unha actvidade moi 
interesante e, cremos que necesaria segundo se comprobou nesa sesión, coa 
temática  A SEXUALIDADE  NA ADOLESCENCIA .


O Ponente foi o psicólogo EDUARDO VARELA PUGA especialista en Psicoloxía 
Clínica e vencellado ao SERGAS. 

A charla foi plantexada o orientada tendo en conta os intereses do alumnado e, dada  a ampla experiencia do ponente que leva moitos anos traballando, entre outros, neste campo e coa xuventude, permitiron aclarar mitos, lendas   e pseudociencia que hai entre os máis novos.

Foron expostas as cuestións máis relevantes e contestadas todas as preguntas que plantexaron os/as alumnos/as.

Ao día seguinte pasouse unha enquisa anónima  na que se constata que foi moi interesante para o alumnado.










domingo, 3 de diciembre de 2017

VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO

O día 8 de novembro o alumnado de 1º ESO a e B tivo a ocasión de viaxar á Comarca do Deza ao museo  A Casa do Patrón.

 Puideron coñecer de primeira man a evolución  da vida no rural desde hai uns 60 anos atrás e ata os nosos días.

Foi unha xornada completa onde tamén participaaron no obradoiro de facer pan e trouxeron cadanseu boliño. 

É un entorno museístico  moi importante que está xeograficamente situado nunha zona onde coñeceron  restos castrexos, antigos oficios xa desaparecidos e procesos agrícolas destacados.

En definitiva é un percorrido pola historia, espiritualidade, cultura, xeografía do noso rural galego.

 Aí queda unha reportaxe fotográfica da xornada.

















jueves, 21 de septiembre de 2017

VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA DE GALICIA 2017


NO CURSO 2016-17 O ALUMNADO DO NOSO CENTRO GAÑA CATRO PREMIOS DUN TOTAL DE CINCO

Os alumnos participantes na VIII Olimpíada de Galicia, fixeron un excelente traballo cuns resultados inmellorables.1º, 3º, Premio ao mellor grupo e Premio ao mellor alumno de 4º.  Catro premios dun total de cinco! Os nosos parabéns.

Aquí tedes unhas fotos do desenvolvemento da Olimpíada.







Agora aí tedes aos participantes e aos premiados!