lunes, 18 de abril de 2016

Compartimos con vós a nosa andaina por ITALIA


VIAXE DE ESTUDOS A ROMA E FLORENCIA 2016


O luns 11 de abril  chegamos ao hotel Siracusa logo dunha viaxe chea de espectativas, desde Lugo.
Logo de tomar posesión e adxudicar as habitacións  fomos xantar e degustamosa nosa primeira comida en Roma na zona de Termini. Despois da pausa culinaria, decidimos comezar unha primeira toma de contacto coa cidade polos arredores do hotel.

Cando nos decatamos xa estabamos na Praza da República e caeu o primeiro xelado.


Máis tarde partimos cara a Praza Venecia e disfrutamos da súa maxestosidade.  Seguimos andando  e era impresionante  desde a altura do monte Palatino o Coliseum e os Foros.  Tamén  vimos o monumento da Loba de Rómulo e Remo que, segundo a lenda di dos dous irmás que foron abandonados no río Tíber, e que os amamantou unha loba chamada Luperca que se achegou a beber ao río, na súa guarida do monte Palatino . Veremos de visitar a casa de Nerón outro día.

Praza Venecia
Monte Palatino
Loba amamantando a Rómulo e Remo

O martes 12 de abril e logo dun bo almorzo quedamos ás 9.00 h e, casualmente, coincidimos cun grupo de compañeiros de Lugo do IES Anxel Fole, foi unha ledicia conversar un pouco con eles.

Partimos, cara as 10.30 h para o Coliseum e alí xuntámonos coa nosa guía Francesca. Entramos con audioguías e logo  dunha interesantísima explicación de todo o que iamos vendo, houbo un descanso de 30 minutos, o certo é que os rapaces xa o pedían pois facía un día case de verán. Neste tempo de descanso houbo quen subiu ao alto do Coliseo para apreciar as marabillosas vistas.
Exterior do Coliseum 
Interior do Coliseum

Continuamos a andaina para visitar os Foros. Ía calor dabondo pero todos estaban moi atentos. Rematou a visita, despedímonos de Francesca e xa, todo o mundo, pedían ir xantar con certo apremio.

Este día xantamos nos arredores dos foros  e despois fomos á Praza de España pasando pola Fontana de Trevi.


Praza de España
Fontana de Trevi
Vía Condotti

Nesta xornada había moita expectación porque  disputaban un partido de fútbol moi interesante da Champions League.

 O mércores 13 de abril madrugamos pois houbo que almorzar ás 7.30 h para coller ás 8.30 h o autocar cara ao Vaticano xa que quedamos coa nosa guía Francesca ás 9.30 h.

Ao chegar ao noso destino, e con audiguía, Francesca explicounos polo miúdo a visita á Praza de San Pedro, Basílica de San Pedro, Capela Sixtina,  onde puidemos apreciar os maxestosos "frescos" do teito da bóveda de canón e o "Xuízo Final".


Praza de San Pedro



Todo o grupo estaba impresionado  deste maxestosidade e  inmensidade das pinturas e do que nos transmiten. E que.... é tan distinta a visión cunhas explicacións  para todo aquelo que se nos amosa...

Toca tempo libre duns 40 minutos para  ir ao baño,  tomar un refresco, mercar algo... que bo día vai! Quedamos de xuntarnos na Galería de San Pietro ás 13:45.  Sempre estaban puntuais, é un grupo fenomenal,dá gusto viaxar con eles.

Optamos por andar un pouco e  chegamos á Praza Navona, é unha das prazas barrocas máis bonitas do mundo, para xantar por alí.


Ao remate da comida e cun día espléndido, fomos ao Phanteon  que é un edificio no que arquitectonicamente ten unha medidas  que  amosan  que o edificio circular mide exactamente o mesmo de diámetro que de altura: 43,30 metros e ademais a cúpula, co mesmo diámetro, é maior que a da Basílica de San Pedro e, no seu centro  cunha apertura do óculo de case nove metros, permite a entrada  de3 luz natural para toda a edificación.

Phanteon
Panorámica do interior do phanteon

Encamiñámonos cara o río para coller o autobús. Nas beiras do Tíber teñen vida e animación sempre, sendo o lugar para pasear e disfrutar do encanto de Roma.


Collemos o autobús e partimos cara ao hotel a descansar pois estaban cos pés cansos de tanto andar.
Quixeron ir mercar algo preto do hotel.

Na xornada do xoves 14 de abril volvemos almorzar cedo pois  ás 8.30 h quedamos no hall do hotel e desplazámonos en dous grupos no metro ata chegar ao Vaticano e quedamos na boca de metro de Otavianni.

O venres 15 de abril logo do almorzo e saída a primeira hora para Florencia, fixemos excursión de día completo.

Comezamos o día facendo a subida ao Monte de San Miniato e a Piazza de Michelangelo coas mellores vistas sobre Florencia e visita a un dos exemplos máis fermosos do estilo románico florentino; a Basílica de San Miniato ao Monte. Traslado ao centro da cidade para dispoñer de algo de tiempo libre para o xantar e continuamos coa visita panorámica da cidade, donde entre outras veremos obras como: A Catedral, O Baptisterio, a Praza da Signoria, Ponte Vecchio, etc… A continuación entrada a Galería da Academia co famoso David de Miguel Angel. Emprendemos viaxe de regreso  a Roma.

Aí van unhas fotos.

Na Academia atendendo ás explicacións do guía







Mercado do Campo di Fiori




A viaxe chega ao seu fin. De volta a Lugo.









miércoles, 6 de abril de 2016

A viaxe a Italia xornada a xornada

Aquí podes atopar día a día o que faremos e todo o que coñeceremos en Italia.

Coñecendo algo máis Roma antes da viaxe

No seguinte enlace podedes consultar información sobre a cidade de Roma: algo de historia, os medios de transporte que teremos dispoñibles, unha guía de compras, galerías de fotos e, mesmo, algunha expresión en italiano que seguro nos será moi útil.

viernes, 1 de abril de 2016

IMOS PREPARANDO A VIAXE A ITALIA 2016

Recordo que este ano  mudamos a viaxe de estudos e ímonos cara a....ITALIA. As datas definitivas son do 11  ao 16 de abril. 

Prestos a disfrutar das paisaxes que nos brinda a Toscana cando esteamos en Florencia, ese museo permanente que é Roma..., en definitiva toca coñecer algo do que nos agarda en poucos días. Aí vos vai algún enlace interesante

Documentación: Viaxe de estudos ITALIA 2016

Nesta entrada e  para todos/as os/as participantes nesta Viaxe de Estudos a Italia  no presente curso 2015/16,  tedes  á vosa disposición  unha serie de documentos, ligazóns, enderezos varios e outras novas que poidan ser do voso interese.

Tramitación do carné xove. XUNTA DE GALICIA

Tramitación da tarxeta sanitaria europea. SEGURIDADE SOCIAL

Documentación solicitude permiso paterno

Normas Xerais

Autorización para a viaxe

Permiso complementario

Ficha médica