jueves, 31 de marzo de 2016

Lembranzas de Praga

Praga é unha das cidades máis fermosas de Europa. Amosa unha espléndida arquitectura con edificios antigos e ben coñecidos coma a Ponte de Carlos, Praza da Cidade Vella, Castelo de Praga, etc. Para disfrutar  desta fermosa cidade non hai nada mellor que  pasear por ela, invita á reflexión, sendo ademais moi cosmopolita e de grande actividade cultural, musical e de intercambio cos visitantes. É patrimonio cultural da UNESCO desde o ano 1992.

Percorremos  lugares  de interese especial como o Castelo de Praga no barrio de Hradčany, o Barrio Pequeno en Malá Strana,  Stare Město (Barrio Antigo); o inesquecible e impresionante por todo o que signficou para quen o viviu na súa época, Josefov (Barrio Xudeu) e o Nové Město.

Na nosa memoria visual e auditiva quedaron aqueles músicos, aquelas agrupacións, e pintores que daban vida a calquera lugar por onde paseabamos, aquela Torre do Reloxo que congregaba a tanta xente desexando ver o minuto impactante que marca as horas en punto; en definitiva todo un acervo cultural, de convivencia e coñecemento que aínda hoxe perdura. 

A mellor mostra de todo isto é a documentación gráfica das nosas lembranzas. 

Aí vai!

Podemos ver unha mostra das famosas portas de Praga no seguinte enlace: Portas de Praga























Benvida

Este blogue quere sere un espazo de participación, recordatorio de momentos especiais; unha homenaxe  a todo o alumnado e profesorado que con tanto interese realiza estas viaxes e outras actividades que só teñen como obxectivo enriquecer as experiencias vitais dos rapaces e rapazas que  forman parte delas,  e contribuír a ese desenvolvemento integral que todos pretendemos dos nosos alumnos e alumnas.